[DOCUMENTAL] 🌊 Ronsel: Celta, Vigo, Mar
· RC Celta
O mar de Vigo garda lendas, memoria, sacrificio e identidade.
Ronsel percorre a fonda relación entre o Celta, o mar e a pesca. Unha historia de Celta Media que mira ao pasado para entender de onde vimos e o valor do que somos.
Ronsel é unha viaxe pola historia de Vigo e do Celta a través do seu vínculo máis profundo: o mar.
Antes de ser a gran cidade que hoxe coñecemos, Vigo foi unha vila mariñeira que medrou mirando cara á ría e vivindo dela. A pesca, os estaleiros, as conserveiras, a lonxa e o porto foron dando forma á cidade, xerando emprego, riqueza e identidade, e facendo de Vigo unha das grandes cidades industriais e portuarias do Atlántico.
Pero o mar non só marcou o crecemento de Vigo. Tamén forma parte, desde a súa orixe, da historia do Celta.
Percorremos a historia da cidade seguindo o ronsel dos monumentos que Vigo dedicou ao mar. Cada un deles serve como punto de partida para descubrir unha parte da esencia da cidade e, ao mesmo tempo, para achegarnos á historia do Celta: desde os seus primeiros días, cando o campo de Coia estaba practicamente a pé de mar, rodeado de conserveiras e estaleiros, ata os anos nos que boa parte dos primeiros dirixentes do club estaban estreitamente ligados á industria marítima.
Unha historia de traballo, de paixón, de industria e de identidade.
#Celta #Conxemar #Vigo
SUSCRÍBETE:
📺 https://www.youtube.com/rccelta
SÍGUENOS:
🐦 X: https://x.com/RCCelta
🇬🇧 X English: https://x.com/CeltaEnglish
🌍 X Arab: https://x.com/CeltaArab
🩵 Xuntos Celta: https://x.com/XuntosCelta
🔵 Facebook: https://www.facebook.com/rccelta
📸 Instagram: https://www.instagram.com/rccelta
🎶 TikTok: https://www.tiktok.com/@rccelta
👻 Snapchat: https://www.snapchat.com/add/rccelta
🆕 https://www.linkedin.com/company/rccelta
🇨🇳 Weibo: https://weibo.com/u/6931899493
VISÍTANOS:
🌐 Website: https://celta.gal
📲 App (iOs): https://bit.ly/CeltaiOS
📲 App (Android): https://bit.ly/CeltaAndroid
TIENDA OFICIAL
🛒 https://shop.celta.gal